Necesitamos o seu consentimento expreso sobre a nosa política de cookies para continuar ofrecéndolle os nosos servizos.

O que pega, paga un choque en cadea?

Non sempre. Hai 2 casos:

Por lanzamento: circulas amodo porque te achegas a un semáforo; por detrás vén un coche moi rápido, pégache e, ti de rebote, chocas co de adiante.

A culpa é do condutor de atrás porque ti gardabas a distancia de seguridade adecuada. A inercia do golpe empurrouche cara á fronte. Así que pagará o seu seguro de Responsabilidade Civil.

Por dobre alcance: chocas co vehículo que está diante e o de atrás pégache a ti.

Cada un pagaredes os prexuízos que causastes ao outro vehículo. Só se tes seguro de Danos Propios (ou Todo Risco) farase cargo das reparacións do teu coche.

Como debes actuar?

Pon o chaleco e colócate nun lugar seguro. Chama á autoridade e axuda a quen o necesite. Se non o fas, estás cometendo un delito de omisión do deber de socorro. Entón, o seguro non te cubrirá e podes cumprir entre 3 meses e 4 anos de cárcere (en caso de conduta imprudente).