Necesitamos o seu consentimento expreso sobre a nosa política de cookies para continuar ofrecéndolle os nosos servizos.

“Eu non son parvo”

“Espero que vos sexa de axuda esta humilde achega e que nunca teñades que pasar polo que eu pasei. Poño o meu gran de area: propúxenme que isto non debería acontecerlle a ninguén mentres que eu puidese contar o que me aconteceu”. 

Esta é a historia dunha muller que foi ao banco para asinar unha hipoteca e obrigárona a contratar un seguro de Vida. A nosa protagonista pagou puntualmente durante 12 anos o seguro e a hipoteca ata que quedou embarazada e, por esas esquivas circunstancias da fortuna, recibiu unha incapacidade permanente. 

Entón, intentou cobrar o seu seguro. Foi ao banco e, tras esperar unha semana, comunicáronlle que a súa póliza non cubría a incapacidade permanente total nin a absoluta. 

Ela recordou os seus cinco meses de hospital loitando entre a vida e a morte e os 12 anos de sacrificios para pagar a hipoteca e o seguro. Enfadada deu de baixa o seu seguro e o do marido. Erro! porque perderon todos os seus dereitos. O banco deixou de ser amable e eles afrontaron centos de problemas para volver contratar outra póliza.

O consello que nos deixa esta historia é que só hai que confiar nos verdadeiros expertos, nós: os “Corredores” de Seguros. Antes de asinar hai que ler o contrato, revisalo e, sobre todo, entendelo que é para o que estamos.

Recordámosche que:

  • O banco non te pode obrigar a contratar un seguro de Vida, pois a lei diche que o podes contratar con quen queiras.
  • Comproba se o beneficiario é o banco ou a túa familia.

Podes cambiar a túa póliza. Ninguén te ata eternamente.