Necesitamos o seu consentimento expreso sobre a nosa política de cookies para continuar ofrecéndolle os nosos servizos.

Tolo por ti

“Grazas por chamar ao Instituto de Saúde Mental, a súa máis sa compañía en momentos de loucura:

  • Se vostede é obsesivo e compulsivo, prema repetidamente o 1.
  • Se vostede é codependente, pídalle a alguén que prema o 2 por vostede.
  • Se ten a autoestima baixa, por favor colgue. Todos os nosos operadores están ocupados atendendo casos máis importantes”.

O outono é como unha escaleira que descende aos infernos. Algo parecido a isto dixo o profesor Rosenthal cando prescribiu que ata un 20% da poboación sofre síntomas depresivos no outono e no inverno pola falta de luz.

Cando os padeces e acodes ao médico, podes encontrar respostas parecidas ás do chiste. Na nosa “correduría” pregúntannos se os Seguros de Saúde cobren os tratamentos psicolóxicos. Resposta: cando está ben contratado SI. Mesmo poden incluír asistencia a sesións terapéuticas. Interésache? Consúltanos.