Necesitamos o seu consentimento expreso sobre a nosa política de cookies para continuar ofrecéndolle os nosos servizos.

COMO VIVIR COMA UN MARQUÉS MÁIS ANOS QUE MATUSALÉN

Está escrito no libro da Xénese que Matusalén viviu 969 anos e que se converteu no home máis vello do mundo antes do Diluvio universal. Algúns din que a idade tan lonxeva se debe a unha equivocación entre ciclos lunares e solares e que realmente viviu 72 anos, o cal tamén é admirable nunha época coa esperanza de vida moi curta (30 anos).

A lonxevidade dos humanos empezou no século XIX e, dende entón, non parou de crecer apoiada polos avances da ciencia. Os nenos que nacen hoxe vivirán 1 século de 100 anos e terán un problema coas pensións: para o ano 2050 o noso país só terá 2 persoas traballando por cada xubilado.

A maioría deses nenos terán empregos que hoxe non existen. Pregúntalle á túa avoa ou á túa nai por un consultor SEO, un community manager ou un analista de Big Data. Moitos deles cobrarán parte dos seus ingresos da economía informal ou somerxida (en España calcúlase que hoxe representa un 23% dos ingresos).

Esta situación aínda se agrava moito máis entre as mulleres que reciben un salario menor que os homes pero que viven máis anos.

Aforrar é BO

En España, aforramos cando compramos unha vivenda. Pero tamén temos que aforrar por tranquilidade, rendibilidade, para ter un colchón financeiro e para xubilarte sen problemas. Apunta:

  • En 2030, as pensións públicas equivalerán como máximo ao 60% do soldo.
  • Para o 2050 a pensión mínima actual de 634 por 14 pagas quedaría en 445,2 €.

Como “corredores” de seguros sabemos canto, como e onde tes que aforrar para manter o teu actual nivel de vida de acordo coa idade que tes.

O século pasado, utilizábase a expresión vivir como un rei. Nos anos 40 cambiouse por vivir coma un cura. E, agora, dicimos vivir coma un marqués.

Queres xubilarte sen que che falte de nada o día de mañá? Corre… Pensa coma un marqués e ven vernos.