Necesitamos o seu consentimento expreso sobre a nosa política de cookies para continuar ofrecéndolle os nosos servizos.

“Non é incrible todo o que pode ter dentro un lapis?”

Afía ben o teu lapis e lembra este titular de Quino (o creador de Mafalda) porque debes afrontar a Costa de Setembro coa Volta ao Cole. Tes entre 35 e 60 anos?, parella?, fillos?, vives ao día ou anticipas os problemas?

Pasaron case tres meses de vacacións para os máis pequenos, descansastes e agora toca afrontar os gastos escolares: libros, cadernos, clases extraescolares… En setembro empezan a caer as follas e é que xa ule a outono. Fai contas co lapis de Quino e analiza se aínda serven as mochilas do ano pasado, non compres todo de golpe e aproveita os descontos.

O seguro perfecto: saúde, diñeiro e amor

Pensando en aforro, que pasa se na túa familia alguén sofre un accidente, unha enfermidade, falece o cabeza de familia ou se queima a casa? As desgrazas, por desgraza, acontecen, e un imprevisto grave pode arruinarche a vida.

Unha prioridade da túa familia é previr e protexer calquera sobresalto. Como? Primeiro asegurando un fluxo de ingresos regulares por se falta o principal provedor. Despois, garante a saúde familiar, o teu patrimonio e a educación dos fillos.

A Volta ao Cole é o momento idóneo para reflexionar sobre estes obxectivos, que se traducen en pólizas de Vida, Saúde, Fogar…

Nas aulas cada mestriño ten o seu libriño. A profesora do pequeno é moi cariñosa cos alumnos. O titor do maior é máis duro e esixente. Pero, ambos os dous se preocupan para que os rapaces aprendan e saian ben formados.

E os pais, temos que procurarlles raíces profundas e ás para que voen sós cando chegue o momento. Ata daquela, o maior acto de amor cos nosos é facer que vivan seguros e felices. E aquí, os “corredores” podemos axudarche escollendo o seguro perfecto.