Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

“Agosto madura e setembro vendima a uva”

“Baixo a gran nogueira que caeu o tellado, os bodegueiros lavaban, cantando, as botas cun fresco, sonoro e pesado ruído de cadeas; pasaban os trasfegadores, núa a perna, coas xerras de mosto ou de sangue de touro, vivas e escumantes; e alá no fondo, baixo o alpendre, os toneleiros daban redondos golpes ocos, metidos na limpa labra olorosa…” (Platero y yo, Juan Ramón Jiménez)

Estímase que 12.000 persoas se desprazarán a Francia para traballar como xornaleir@s na vendima.

En España a campaña abrangue case un mes de duro traballo regulado polas nosas autoridades e protexido polo sector asegurador.

Cos papeis en orde

Sarabia, avarías nas máquinas, traballadores lesionados… Son incidencias que podes anticipar doadamente. Os seguros obrigatorios son:

  • Accidentes de convenio. Para accidentes de traballadores.
  • Maquinaria agrícola. Calquera vehículo a motor (como un tractor) debe estar asegurado sempre, así como a maquinaria agrícola arrastrada (como un remolque). É obrigatoria a RC, por danos a terceiros.

Outros seguros aconsellables:

  • RC de explotación (por reclamacións externas e roubo), patronal (desavinzas con traballadores) e produtos (con danos a terceiros).
  • Seguro Agrario da Uva: cobre as inclemencias do tempo como a xeada, o pedrazo e as inundacións. Non obstante, hai que ter moi en conta os prazos para contratar estas coberturas, xa que son limitados no tempo, precisamente polo tempo…

Setembro ule e sabe a viño. Que teñas boa colleita!