Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

E para ti, que é o teu fogar?

“As casas fanse de ladrillos, os fogares de momentos. O fogar de cada un ten nome e apelido e está cheo de cantos, historias, ideas, manías e recordos…” 

O lugar a onde un vai cando escurece. Un recunchiño de ceo aquí na terra”.

“Sempre pensei que era a casa onde un medrara, pero agora teño claro que o fogar son todos aqueles lugares onde un se sente cómodo e onde é feliz”.

Pensaba darche media ducia de razóns para asegurar o teu fogar pero creo que estas respostas de Rafael, Butterfly ou Piti, que encontrei en Google, son máis convincentes que as miñas explicacións.

Por que aseguras a túa casa? 

Ante todo, para estar tranquilo. O refrán ao mal tempo boa cara, cobra aquí sentido. Un bo seguro de fogar serve para solucionar case todos os accidentes só con levantar o teléfono. Podería converterse nun “Todo Incluído” se axustas as coberturas da póliza ás túas necesidades e circunstancias; dende encargarse dos danos dos obxectos que declarases, ata cubrir a reconstrución da vivenda en caso de incendio. Roturas, roubos dentro e fóra da casa, os danos que lles poden provocar os teus fillos ou as túas mascotas a terceiros, ferraxaría, danos estéticos e no mobiliario… mesmo a defensa xurídica daqueles problemas legais relacionados co fogar.

Pero o verdadeiro drama son os accidentes graves que poden supoñer perdelo todo, a túa casa, a túa roupa, os teus libros, os teus recordos… e agora que? Despois de todos os esforzos para facer realidade o soño de ter casa propia, ben paga a pena protexer o que tanto che custou ter.

Recorda que 1 de cada 3 españois usou o seu seguro de Fogar o ano pasado e isto supuxo un custo das reparacións e reconstrucións de mil trescentos quince millóns de euros (1.315.000.000 de euros).

As vantaxes dun bo seguro baséanse en recuperar o valor dos bens afectados e o sosego de que un evento prexudicial non modifique a túa calidade de vida.