Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Para entender os teus seguros

Temos asumido que os seguros nos permiten vivir tranquilos e que o mellor que nos pode pasar é non os utilizar nunca. Agora… sabes que contratas, ou cales son os teus dereitos e as túas obrigas?

O primeiro é o contrato de seguro (póliza). Ti pagas unha prima a cambio dunhas coberturas e indemnizacións que percibirás se chega a producirse o sinistro. Na póliza debe identificarse a aseguradora, o asegurado, que aseguramos e canto vale, que cantidade pagaremos por el e a duración do acordo.

Supoñamos que se produce un sinistro. Tes 7 días para comunicalo. Na nosa “correduría” encargarémonos de xestionar o sinistro coa aseguradora, pero debes contarnos que aconteceu antes de que expire ese tempo.

40 son os días nos que a compañía aboaría o importe mínimo da indemnización (pode ser unha cantidade monetaria ou a reparación ou reposición do obxecto asegurado sinistrado). Ese prazo podería ampliarse por motivos alleos á vontade da compañía como, por exemplo, a falta de documentación.

Os contratos teñen unha duración determinada, normalmente un ano, tamén se adoitan incluír as prórrogas, á que calquera das partes poderá opoñerse mediante notificación escrita con 1 mes de antelación por parte do tomador (quen paga o seguro) ou de 2 meses por parte do asegurador (a compañía).