Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

O inquilino perfecto

O réxime de propiedade, a pesar de ser a tendencia maioritaria, vai perdendo peso fronte ao alugueiro. Isto débese, en gran parte, á situación socio-económica da cidadanía española, á eliminación da dedución por investimento en vivenda habitual e tamén polas restricións e os requisitos exhaustivos que se establecen á hora de outorgar hipotecas e préstamos para a compra de vivendas e locais.

A inseguridade laboral tamén xoga un punto importante, xa que a falta de postos de traballo de longa duración fai que non consideremos comprar unha vivenda, non só por non poder facer fronte ao pagamento das cotas hipotecarias senón porque nunca se sabe “onde vai rematar”.

O alugueiro colle peso e, polo tanto, soben os prezos, a maior demanda maior é o prezo, é a Lei da Oferta e a Demanda. As persoas que viven de alugueiro teñen como preocupación chegar a fin de mes, poder facer fronte a todos os gastos e manter a súa vivenda como o seu fogar o maior tempo posible, pero ante unha continxencia económica, non che queda outra que deixar de pagar, primeiro os “prescindibles”, así ata chegar a algúns “imprescindibles” como é o alugueiro, haberá unha parte que cubra a fianza e, se non é así, xa te “botarán”.

Tamén está a preocupación da parte arrendadora, teñen unha segunda vivenda, da que se fan cargo, quizais unha herdanza dos pais, ou a súa única vivenda que se tivo que deixar por un traslado, ou nun momento de bonanza unha parella tiña dúas casas, cada un a súa, ata que deciden vivir xuntos nunha delas e alugar a outra, seguen pagando a hipoteca, os impostos e o mantemento desta. Necesitan un extra para facer fronte a todo isto, queren alugar, necesitan alugar a vivenda, pero temen que lle esnaquicen a casa @s inquilin@s mal elixidos, ou que deixen de pagar o alugueiro e enriba teñan que facerse cargo de todos os gastos sen poder acceder á súa vivenda.

Actos vandálicos e non pagamento do alugueiro son as maiores preocupacións. Solución: o Seguro do Alugueiro, este seguro cobre a Defensa Xurídica en relación coa vivenda ou local asegurados, cobre os gastos e prexuízos económicos derivados do non pagamento da renda, e os danos materiais ocasionados pola parte arrendataria derivados de actos vandálicos.

Non podemos arranxar o mercado inmobiliario, pero si podemos poñer solucións ás maiores preocupacións que leva consigo. Achégate ás nosas oficinas e asesorámoste.