Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Os seguros e o derrubamento de Carabanchel. Facer sempre o correcto.

O pasado luns 3 de agosto os veciños da rúa Duquesa de Tamames número 5 (no barrio madrileño de Carabanchel) foron desaloxados dos seus fogares antes de que o edificio se derrubase ás 9 da mañá. Fora construído en 1964 e pasara a ITE (Inspección Técnica de Edificios) en 2012. Detectaron defectos na fachada, que debían emendarse, pero ningún dano estrutural.

Máis tarde, durante o mes de xuño deste mesmo ano, descubriron unhas profundas gretas nas paredes. Segundo os expertos, o certo é “que os inmobles avisan con tempo”.

Os veciños que tiñan contratado un seguro de Fogar, percibiron unha cantidade diaria da súa aseguradora para poder realoxarse nun hotel. O resto de persoas foron recolocadas polo concello de Madrid.

Afortunadamente isto é un feito excepcional, pero… e que máis pode pasar no teu edificio?

Pois moito máis: incendios, roturas, danos por auga e fenómenos climatolóxicos adversos, actos malintencionados ou vandálicos, avaría de maquinaría e un longo etcétera.

Non te preocupes! Nesta vida case todo ten remedio e estes problemas tamén.

O “seguro de comunidade” non é legalmente obrigatorio, pero SI absolutamente imprescindible, porque cando empezan a torcerse as cousas, a veciñanza ponse nerviosa e ninguén recoñece a culpa de nada, e ao final, quen paga?

Para iso, inventouse este seguro que cobre moitas das incidencias en bens e propiedades da túa comunidade de propietarios.

Que debes pedirlle a un bo seguro de comunidade?

Que se adapte ás necesidades do teu edificio.

Que teña a responsabilidade civil para protexer os danos que poidan causarse a terceiros.

Que che preste asistencia permanente.

Que actualice o valor do capital asegurado para que pagues o prezo xusto.

Reclamación a propietarios por non pagamento de gastos.

Desatascamentos de canalizacións comunitarias…

 É importante que, como propietario nunha comunidade, te preocupes de que exista un seguro adecuado, para que che permita vivir máis tranquilo ante calquera incidencia.