Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Pon o teu coche a punto e… feliz verán!

Un dos principios indiscutibles do traballo é o descanso, algo moi típico do bo tempo e das vacacións. Probablemente, viaxarás en coche durante os próximos días. Non queremos que ninguén nin nada che amole o plan. Así que che damos 3 consellos para que o teu vehículo estea a punto en mecánica, documentación e seguros.

Revisións mecánicas

É imprescindible revisar o motor por ti mesmo ou levalo ao taller.

Debes comprobar os niveis de líquidos (refrixerante, aceite…) e o estado dos pneumáticos (presión e desgaste).

Os elementos de visibilidade (luces e parabrisas) deben funcionar correctamente.

E teñen que responder o amortecemento e os freos, á parte do correcto funcionamento do aire acondicionado.

Papeis sempre á man

Son obrigatorios: o permiso de circulación ao día, o carné de conducir e a ITV actualizada co seu adhesivo.

Ademais, recomendámosche: incluír a póliza e o último recibo do seguro do coche, a nosa Guía de Parte Amigable, o Parte Europeo de Accidentes e o número de teléfono de asistencia e atención do seguro.

Cal é o seguro correcto?

Mellor a todo risco para vehículos con menos de 6 anos. Despois de ter esa idade, podería servir cunha póliza a terceiros, aínda que por un pouco máis, conseguirás coberturas sanitarias e farmacéuticas para condutor e acompañantes, reparación de lúas, asistencia en viaxe e protección contra roubo e incendio. Pregúntanos na nosa “correduría” e explicámosche como obtelas.

Para rematar, recomendámosche distribuír adecuadamente a equipaxe e asegurar a carga se levas bicicletas ou un cofre no teito.

E nunca esquezas os elementos de emerxencia: triángulos, chaleco e caixa de primeiros auxilios.