Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Que documentos tes que levar no coche este verán

Cando viaxas en coche é importante ter “á man” algúns documentos. Non todos son obrigatorios, pero si recomendables ou aconsellables

 

Obligatorios

Se non os levas, a Policía ou a Garda Civil pódente multar ata con 3.000 euros.

  • O teu permiso ou carné de conducir actualizado. Recorda que unha copia compulsada do teu carné de conducir ou ben de identidade teñen total validez como documentación.
  • Permiso de circulación. Recolle os datos técnicos do vehículo e a información do propietario.
  • Tarxeta ITV. Co informe favorable e o adhesivo da ITV en lugar visible.

 

Recomendables

  • Póliza do seguro e último recibo que xustifica o seu pagamento para demostrar que está en vigor.
  • Imposto municipal de circulación con xustificante de pagamento do último recibo.

 

Aconsellables

  • Teléfono de asistencia do seguro. A maioría está atendido durante as 24 horas do día, facilitámoscho ao contratar a póliza xunto co resto da documentación.
  • Copia do parte de declaración amigable de accidente que che enviamos dende a nosa axencia.