Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Sabes que o teu fillo está asegurado as 24 horas?

O teu fillo érguese, almorza, lava os dentes e vai ao colexio en autobús. Se tivese un accidente no traxecto, o seguro do transporte protexeríao.

Entra na clase e sae ao recreo. Cae no patio e máncase. Outro seguro (a Responsabilidade Civil do colexio) coida del.

Vaia… É a hora da comida. Parece que esas verduras non están en moi bo estado. Tranquilo que a póliza da empresa de cátering asumirá as consecuencias.

Xa está ben de estudar. Hai que facer deporte. O teu fillo vai á piscina municipal que tamén está asegurada, xa que debe contar cun seguro de Responsabilidade Civil a terceiros que responda en caso de accidente dalgún usuario.

Despois ides xogar ao parque. Outro rapaz ten unha pequena rabuñadura por culpa dun bambán que non está en bo estado. O parque é de propiedade municipal e tamén está asegurado.

Mellor que xoguen á pelota. Tamén che aconteceu o mesmo cando tiñas a súa idade: décheslle un balonazo ao cristal da tenda de lambetadas. Quen paga? A Responsabilidade Civil do teu Seguro de Fogar.

Mellor que non aconteza nada disto, pero se a fortuna se torce, queda tranquilo porque todos os imprevistos poden estar perfectamente cubertos.

A industria aseguradora protexe o noso benestar.