Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Por San Valentín desvelamos os segredos do teu seguro de Fogar

Namorad@ do teu fogar? “Yes of course”. É o investimento máis importante da túa vida e protéxelo moi ben cun seguro de Fogar para o continente (edificio ou estrutura da vivenda, garaxe, rocho, antenas TV), o contido (os teus mobles, electrodomésticos, equipos electrónicos e os obxectos persoais) e, ademais, coida a túa Responsabilidade Civil, esa gran descoñecida.

Na antiga Roma, o emperador Claudio II prohibiu os matrimonios de mozos porque entendía que eran mellores soldados cando estaban solteiros. En segredo, o sacerdote San Valentín comezou a casar os namorados. De aí que se convertese no seu patrón.

Pólizas de Fogar hai moitas e tamén ocultan varios segredos: moitos problemas do día a día poderíanse resolver grazas a elas; por exemplo…

Roubo fóra de casa no que haxa violencia ou intimidación.

Rotura de espellos, cristais, placas vitrocerámicas, mármores, granitos, pedra e louza sanitaria.

Deterioración de alimentos no frigorífico a consecuencia dunha avaría neste ou dun apagamento eléctrico.

Danos que poidan causar os animais de compañía, por exemplo, se causa algún dano ou morde un viandante.

Uso fraudulento da tarxeta de crédito.

Danos eléctricos producidos por subidas de tensión ou curtocircuítos nos aparatos eléctricos.

Danos causados a terceiras persoas (Responsabilidade Civil): cubrirá os danos que causen os habitantes da vivenda, sempre que non exista mala fe; como o típico pelotazo do noso fillo que rompe o escaparate da tenda do veciño.

Garantía de danos estéticos.

Servizo de cerrallería, cantas veces nos quedaron as chaves dentro…

Servizo de bricolaxe.

Servizo de asistencia informática.

Asistencia en viaxe.

Rotura de placas solares.

Defensa Xurídica, consigue representación legal en caso de que recibas unha reclamación por parte dun terceiro…

O máis importante é que contrates a póliza que máis se adapte a ti. E, ademais, sempre che propoñemos o mellor seguro combinando aforro e tranquilidade.