Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Tes os teus seguros ao día?

Pagar o recibo do seguro non sempre é suficiente. Hai que revisalos periodicamente para que cubran exactamente todo aquilo que deben protexer.

Que podes ter en conta ao renovar a túa póliza?

Seguro de Fogar. O continente (se fixeches algunha reforma na vivenda) e o contido (se variaron os aparellos que tes dentro). Se o capital non está ao día pódese caer no infraseguro (aseguras menos do que vale) ou no contrario, nun sobreseguro (o valor asegurado é maior que o real).

Seguro do Coche. Se incluíches accesorios novos xa que cambia o valor de vehículo ou se o conduce algún outro membro da familia, sobre todo se son menores de 26 anos.

Seguro de Vida. É importante que teñas todos os teus datos actualizados, beneficiarios, capitais… tendo en conta, sempre, as túas circunstancias persoais.

Seguro de Saúde. Se se produce algunha circunstancia particular moi distinta a cando se contratou; por exemplo, se estas embarazada, temos uns 10 días para incluír o bebé con todos os dereitos na túa mesma póliza.

Seguro de Autónomos. O teu negocio cambia co tempo e a póliza debe adaptarse aos teus novos riscos.

Sobre todo, se tes calquera dúbida antes de renovar ou algún cambio importante, achégate ás nosas oficinas, xuntos revisamos todo o que sexa necesario para a túa tranquilidade.