Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

A carta de Xoán aos Reis Magos

“Queridos Reis Magos:

Somos tres irmáns e, ás veces, cústanos compartir os xoguetes, pero pasámolo moi ben xogando xuntos á pelota. Pero xa está rota e queremos unha nova. Óscar, como é maior, tamén quere un videoxogo para a súa PS4, e para Héctor que é o pequeno, uns coches bólidos. Eu ademais quero un estoxo de bricotaller.

Tamén quero que se doen xoguetes no cole, logo repártense entre os nenos que non vos dá tempo a visitar. Eu fareino, así deixamos oco para os novos. Non vos esquezan as nosas bolsas de larpeiradas e os pixamas quentiños, crecemos e vannos quedando pequenos.

Prométovos que este ano farei os deberes todos os días e que me portarei ben.

PDTA.: No salón deixareivos un pouco turrón e leite.”

Eles ocúpanse da ilusión, nós de que os regalos sexan educativos e de calidade. É importante que sexan os adecuados para a súa idade e capacidade, coidado coas pezas pequenas para os menores de 3 anos, ao igual que os xoguetes con baterías. Deben ter o marcado CE, que acredita que o fabricante, que debe estar debidamente identificado, cumpre todas as regras de seguridade da UE. Para os videoxogos, ademais, é necesario ter en conta as normas PEGI. Tamén se debe gardar o tícket de compra para calquera posible devolución ou reclamación e ler as instrucións seguindo os consellos establecidos.

Comprar en tendas de confianza é moi importante; como nos seguros, é unha garantía de profesionalidade e calidade. E recordade, nas rebaixas mantéñense todos os dereitos como consumidor.