Compras un móbil de 1 000 € e non o aseguras?

Existen seguros específicos para dispositivos móbiles que indemnizarán por perda, roubo, chamadas non autorizadas, danos accidentais e perda de accesorios. Estarán excluídas as neglixencias.

 

Estes seguros desgravan na Renda

Existen dous relacionados coa túa hipoteca, o de Fogar e o de Vida se a asinaches antes do 1 de xaneiro de 2013. Deberás consignalos na epígrafe de investimento por vivenda habitual.

 

 

O “seguro de comunidade” non é legalmente obrigatorio, pero SI absolutamente imprescindible. Cando empezan a torcerse as cousas, a veciñanza ponse nerviosa e ninguén recoñece a culpa de nada e, ao final, quen paga? NON todos os seguros son iguais.