05/07/2024

Chuvia, saraiba, vento… Ante a adversidade, tranquilidade

O termo DANA converteuse en algo moi familiar ultimamente. En calquera época do ano, fenómenos atmosféricos adversos como a saraiba, o vento e as trombas de auga poden causar estragos en fogares, coches e negocios. A pregunta é, estás realmente protexido? Non todos os seguros son iguais e, moitas veces, a cobertura de danos atmosféricos non está incluída na túa póliza básica.

Imaxina unha tormenta de saraiba que deixe o teu coche cheo de amolgaduras ou a túa casa ou negocio danado. O teu seguro cobre eses danos? Moitas persoas sorpréndense ao descubrir que non o fai.

Os danos ocasionados por fenómenos atmosféricos adoitan ter requisitos específicos para seren indemnizados, como a cantidade de auga por metro cadrado ou a intensidade do vento. Asegúrate de que o teu seguro cubra correctamente tanto o contido como o continente do teu fogar, así como o teu coche ou negocio.

É vital que saibas “que estás a mercar” a cambio dunha prima. Non crerás que todos os seguros son iguais, verdade? Estar ben asesorado é a mellor maneira de garantir que, pase o que pase, estarás cuberto e tranquilo. Ante a dúbida, contáctanos, es a razón da nosa empresa.