Compras un móbil de 1 000 € e non o aseguras?

En España pasamos 6 horas e 11 minutos de media diaria conectados a internet e a maioría dos accesos son por móbil. E é que vivimos nunha era dixital na que as conexións en rede, sexa por motivos persoais ou momentos de ocio. Para estudar e, por suposto, para traballar; son imprescindibles na nosa vida diaria.

E como nos conectamos?, pois usamos os equipos electrónicos do traballo. Pero que usamos na casa? Portátiles, tabletas e sobre todo teléfonos móbiles intelixentes. Compramos móbiles caros (por enriba do salario mínimo de 950 €) e xeralmente só nos preocupamos de aseguralos a través dunha simple carcasa.

O 88 % dos accidentes afectan a pantalla e o corpo do smartphone (o resto son auriculares, cargadores e danos por auga). Canto che custaría a reparación? O custo medio das reparacións do teu dispositivo pode alcanzar os 86,55 €. Sen contar o tempo que estarás sen teléfono, hoxe por hoxe algo que non podemos permitir. Aplicacións para fichar no traballo, contactos de clientes, chamadas do centro médico, os nosos datos bancarios ou mesmo recibir unha chamada onde che ofrecen o posto para o que sempre te preparaches. Non podemos estar sen conexión, sobre todo despois de estar máis dun ano e medio relacionándonos cos nosos seres queridos só a través dos nosos móbiles.

Que o seguro se encargue do teu móbil

Convén contratar un seguro para o teléfono? Por suposto. Existen seguros específicos para dispositivos móbiles que indemnizarán por perda, roubo, chamadas non autorizadas, danos accidentais e perda de accesorios. Estarán excluídas as neglixencias. E tamén hai xa seguros de fogar con garantías específicas para poder protexer en xeral os equipos electrónicos.

O noso traballo: encontrar a póliza coas condicións máis interesantes para o teu teléfono.