Seguro que escoitaches a noticia: a finais de agosto roubaron o Tesouro de Villena, unha xoia arqueolóxica de máis de 3.000 anos, con case dez quilos de ouro e prata. Xusto un mes antes, catro encapuchados roubaron en apenas minuto e medio máis de 200 moedas de ouro do Museo Provincial de Albacete.
Máis alá do impactante da noticia, na nosa correduría fíxonos pensar en algo moito máis próximo a ti. Porque o ouro vive un momento histórico: o seu prezo non deixou de subir e en 2026 superou os 4.700 euros a onza. E cando o ouro vale tanto, esperta o interese dos delincuentes.
Non necesitas gardar un tesouro milenario para que isto che toque de preto. O anel da túa avoa, os pendentes da túa nai, ese reloxo especial, a túa pequena colección de xoias de ouro… Son obxectos cun dobre valor: o económico, que se pode calcular, e o sentimental, que non ten prezo. O sentimental non hai seguro que o cubra, pero o económico si. E paga a pena protexelo.
Se che rouban esas xoias, pode que o teu seguro do fogar non che cubra tanto como pensas. A maioría das pólizas establecen un límite (arredor do 10% do contido, ou topes de entre 3.000 e 6.000 euros). Se as túas pezas valen máis, esa diferenza terías que asumila ti. E adoitan cubrir só o roubo na casa, non se perdes algo ou cho subtraen fóra.
A boa noticia? Hai solución. O primeiro paso é doado: garda as facturas, fai fotos das xoias e, se son valiosas, fai que un xoieiro as taxe. Con esa taxación podes declaralas no seguro do fogar. Se falamos de pezas realmente especiais, existe un seguro específico que as protexe dentro e fóra da casa, mesmo durante as viaxes, e actualiza o seu valor co tempo.
O mellor é que non custa o que a xente pensa. Por exemplo, protexer unha xoia de 10.000 euros rolda os 100-200 euros. Pouco, para durmir tranquilo.
Se tes na casa algo que che importa de verdade, falamos. Revisamos xuntos a túa póliza e asegurámonos de que estea ben protexido.

08/09/2026