Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Arranxar os dentes xa non custa un ollo da cara

Sabes que o estrés, a ansiedade, os hábitos alimenticios, o tabaco e o alcohol deterioran a túa saúde bucodental? E que a carie lle afecta ao 95% dos adultos españois?

Para previr, cepilla os dentes despois de cada comida coidando as pezas de difícil acceso e a lingua. Usa fío dental entre os dentes e por debaixo das enxivas e enxaugadura bucal. Fai revisións periódicas no teu dentista con limpezas dentais frecuentes.

A boca, espello da túa saúde

Unha deficiente saúde bucodental revela enfermidades latentes ou sen diagnosticar. Evítaas comendo adecuadamente, non fumando e mantendo o estrés a raia.

A Seguridade Social unicamente asume os tratamentos dentais básicos da familia: feridas, lesións, infeccións, inflamacións…

Para todo o demais, debes acudir ao dentista. Cun Seguro Dental controlas a túa factura de saúde e aforras sustos. Pode incluír: prevención gratuíta, amplo cadro médico en toda España, sen listas de espera, nin tempos de carencia e importantes descontos en tratamentos.

A saúde bucodental é para todos: nenos, adultos e avós. Como di o refrán… “antes son os meus dentes que os meus parentes”.