Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

As inundacións de DANA en España custan máis de 200 millóns de euros

7 persoas falecidas, decenas de estradas cortadas, centos de miles de nen@s sen clases, aeroportos pechados e miles de desaloxos son algunhas das consecuencias do fenómeno DANA en España, cualificado como unha gota fría sen precedentes en máis de 1 século.

O Consorcio de Compensación de Seguros (CCS) leva días recibindo case un total de 30.000 solicitudes de indemnización por valor de algo máis de 200 millóns de euros. Aliviarán os danos sufridos en vivendas, comercios, industrias e automóbiles arrasados en Murcia, Comunidade Valenciana, Andalucía, Castela-A Mancha, Comunidade de Madrid e Baleares.

Menos mal que existe o Consorcio de Compensación de Seguros (CCS)

Naceu para asegurar riscos de carácter extraordinario como inundacións, terrorismo ou ciclóns. Ao contratar un seguro de fogar, autos, comercio, comunidades, industria, vida, accidentes, etc. achegamos unha pequena cantidade ao CCS. Ese diñeiro sufraga estes grandes sinistros.

Dúbidas máis frecuentes

Sempre paga o Consorcio?

Sempre que exista unha póliza de seguros que pertenza a algunhas das pólizas citadas e que estea ao corrente do pagamento do recibo da prima desa anualidade onde se inclúe a recarga a favor do Consorcio.

Que debo facer ou preparar?

Conservar os restos dos bens danados a disposición do perito e, se non fose posible, sacar fotografías antes da retirada destes. Conservar as facturas en caso de que se tivese que realizar de forma urxente algunha reparación. Prepara copia da póliza e do recibo de pagamento da prima para entregar no momento da peritaxe, os orzamentos e as facturas de reparación, así como a conta bancaria na que se solicite que se aboe a indemnización.

Existen as franquías?

Non é aplicable franquía nos seguros de persoas nin aos danos que afecten vehículos asegurados por póliza de seguro de automóbiles. Tampouco é aplicable franquía en danos en vivendas nin en comunidades de propietarios de vivendas.

Nos seguros contra danos nas cousas, a franquía con cargo ao asegurado é o 7% da contía dos danos indemnizables.

En relación coa cobertura de perda de beneficios, a franquía aplicable é a mesma en tempo ou en contía, que a prevista na póliza ordinaria.