Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Ben calzado e cos lentes a punto

Para conducir con chuvia o teu coche debe adherirse ao asfalto e ofrecer boa visibilidade. Así que conserva os pneumáticos coa presión e co debuxo adecuados e que a dirección estea correctamente aliñada.

Ver ben implica manter cheo o depósito do parabrisas con líquido xabonoso que non se conxele. Comproba que as vasoiras teñen a goma nova. E examina as luces dos faros (en regra e intensidade).

A media de idade dos coches en España é de 12,3 anos. Hai que revisalos en cada estación para manter a súa saúde mecánica, porque a súa saúde é a nosa saúde.

Prevención e previsión, dous amigos da boa condución.