Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Como morrer en Internet e sobrevivir no intento

Un día moi afastado morreremos no mundo real 1.0 pero seguiremos vivos no virtual 2.0. Os nosos sucesores deberán amañarse para resolver a nosa herdanza dixital. No ano 2.098, Facebook terá máis persoas mortas que vivas. Que acontecerá coas túas redes sociais, documentos na nube, correos electrónicos, fotos, claves bancarias, tendas dixitais…? Imaxina que es un influencer, ou que vendes por Amazon e obtés ingresos de Internet, ou que compraches bitcoins.

Testamento dixital

Algúns Seguros de Decesos inclúen garantías que se ocupan de resolver estes problemas. Como?

A aseguradora pechará o teu rastro dixital e transferirá os arquivos da nube aos herdeiros. Apple, Google, PayPal, Twitter, Outlook, Amazon, Dropbox… xa activaron protocolos para facilitar o cambio. Facebook, por exemplo, permite eliminar o perfil, convertelo en conta conmemorativa ou que sexa administrada por un herdeiro.

Os contratos deberán cancelarse. Entón os contidos dixitais de pagamento desaparecerán e non poderán gozalos os beneficiarios. Haberá que nomear un testamenteiro dixital que acceda ás túas contas, recupere claves e presente o certificado de defunción cando sexa necesario.

Segundo as leis españolas, o testamento ampara todos os bens (analóxicos e dixitais). Recomendámosche que o teu testamento tradicional inclúa tamén o dixital (moito coidado porque o testamento en liña non existe, só o que se asina ante notario).