Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

“Demasiado rápido para vivir”

Na súa última viaxe ao alén…

McLaren (dos Sex Pistols) foi conducido nun estraño carro de cabalos por Londres mentres a comitiva cantaba “Anarchy in the UK”. Tamén cantaron “You need hands” de Max Bygraves, e a versión de “My Way” de Sid Vicious. No ataúde poñía: “demasiado rápido para vivir, demasiado novo para morrer”.

O escritor de “Charlie e a fábrica de chocolate” (Roald Dahl) foi enterrado con chocolate, unha botella de viño, paus de billar e unha serra eléctrica.

O mago Houdini despediuse dentro dun ataúde de bronce hermeticamente selado que utilizaba nos escapismos baixo a auga. Tiña apoiada a cabeza sobre as cartas da súa nai.

E o actor máis famoso de Drácula (Bela Lugosi) foi amortallado coa capa negra das súas películas dentro do último féretro que utilizou.

Cun Seguro de Decesos, podes cumprir a última vontade de quen nos deixa, esqueces todos os papelames e ocúpaste do teu dó íntimo.