Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

“Foi bastante estúpido. Tiña que comer coa man esquerda”

Enrique Iglesias estaba actuando nun concerto en México cando agarrou coa man un dron que gravaba imaxes sobre o escenario. As hélices cortáronlle 2 dedos que precisaron unha intervención cirúrxica.

Rompín o óso e non teño sensación na punta do dedo medio. Ao mellor non debería falar disto, pero resultábame imposible facer cousas tan estúpidas como ir ao baño e limparme”.

Os drons irromperon na nosa vida para quedar. Usámolos para traballar e para gozar. Non son un xoguete. Os que saben disto recoméndannos voar de día (por visibilidade), cun clima adecuado (se non, podería desestabilizarse), mantelo á vista e lonxe de zonas prohibidas (lugares masificados, aeroportos, bases militares).

Para traballar cun dron deberás estar rexistrado en AESA (Axencia Estatal de Seguridade Aérea), titularte como pilot@ de drons, obter un certificado médico e contratar un seguro.

Os segredos do seguro de drons

Inclúe a Responsabilidade Civil que indemnice os prexuízos materiais e persoais que poida causar o aparato a terceiros. Algunhas aseguradoras agregan danos propios do dron e de uso.

Atento! A túa póliza só cubrirá:

  • Os voos legais (non neglixencias).
  • É persoal, vai a nome de cada usuari@. Unha persoa pode ter un só seguro e manexar varios drons. Varias persoas que utilizan un mesmo dron deberán contar cun seguro cada unha.

Os drons de uso doméstico non están obrigados a dispoñer dun seguro, pero o sentido común e a tranquilidade invítannos a contratalo.