Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Quen paga o meu coche queimado nunha protesta popular?

Supón que che queimaron o coche durante unha protesta cidadá como as recentes de Barcelona. Segundo a Lei, o Consorcio de Compensación de Seguros (CCS) asumirá os danos “ocasionados violentamente como consecuencia de terrorismo, rebelión, sedición, motín e tumulto popular” sempre e cando o vehículo estea asegurado coa póliza en vigor e o recibo ao corrente de pagamento.

Como, onde e cando solicitar a indemnización

Sabes que dende a nosa “correduría” nos ocupamos de todo. Infórmanos do sinistro canto antes e activamos o protocolo de actuación ante o Consorcio. Se decides facelo ti, o CCS facilítache tres vías: por teléfono, en liña ou por escrito. Podes informarte na súa web: www.consorseguros.es.

A indemnización igualará o valor venal do vehículo; isto é, o prezo de venda antes de incendiarse.