Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Como desgrava o teu seguro de Saúde

2016 é un bo ano para que un autónomo ou unha empresa obteña un aforro fiscal a cambio dun seguro de Saúde, grazas aos cambios nos Presupostos do Estado. España dispón dun dos mellores sistemas de Seguridade Social do mundo, pero as incertezas dos últimos anos e as vantaxes da Sanidade privada, propiciaron o crecemento destas pólizas.

Os autónomos, profesionais liberais… case non podemos enfermar, “pois como di o refrán “nesta vida caduca”, o que non traballa non manduca”; polo que un seguro de saúde pode ser un bo aliado.

Como paga un autónomo menos impostos cun seguro de Saúde?

É un gasto deducible para o autónomo e a súa familia, incluídos cónxuxe e fillos menores de 25 anos. Cada membro pode deducir ata 500 € e, en conxunto, ata un máximo de 4.500 €.

Como o deducen as empresas?

Cando unha empresa protexe os seus traballadores cun seguro de Saúde privado, repercute directamente no Imposto de Sociedades, xa que ten consideración de gasto social e, polo tanto, réstase directamente dos beneficios da empresa, e isto propicia un aforro fiscal.

Doutro lado, os traballadores só terían que tributalo na súa declaración da renda naqueles casos que o seguro supere os 500 €.

E os particulares?

Ademais das vantaxes que supón ter un Seguro de Saúde, para ti e para a túa familia; nalgunhas comunidades autónomas, tamén se lles aplican deducións a particulares, como en Cantabria, Aragón e Baleares.

A pesar dos aforros, o máis importante é a túa saúde, a desaparición dos tempos de espera, a elección de especialista e centro, a segunda opinión…

Se, enriba, a túa póliza está acompañada de beneficios fiscais, benvida sexa! Pero infórmate antes na nosa “correduría”. Cada caso é distinto e aquí somos especialistas en analizar o teu.