Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

“A inundación fai no outono a súa devastadora aparición”

O pasado mes de outubro foi desolador en varios puntos de España con especial dramatismo nas Illas Baleares, e tamén para Málaga. O temporal deixou tras de si terribles perdas humanas e enormes danos materiais. Dende as nosas oficinas non podemos máis que lamentar todo o acontecido e lembrar que podemos facer ante unha inundación ou riada:

  • No coche: hai que saír do vehículo o máis rápido posible e correr a un lugar seguro e visible para que nos rescaten. Se non é posible saír do vehículo, temos tres opcións: Pola porta: non abrir ata que se iguale a presión. Polos parabrisas: pódense desencaixar premendo cos pés. Polas ventás: romper cun elemento punzante, como desmontando o cabeceiro, e saír, sempre polo lado contrario á corrente. Subir ao teito e dende aí divisar o lugar máis seguro e visible ao que acudir, e desprazarnos sempre a favor da corrente.
  • Na casa: gardar en sitios altos e seguros a documentación importante e as substancias perigosas. Cortar as subministracións de electricidade, auga e gas. Preparar unha caixa de primeiros auxilios. Cerrar portas e ventás, tapando na medida do posible con trapos a parte baixa das portas e con cinta adhesiva os contornos das ventás. Permanecer nos lugares máis elevados da vivenda e evitar saír desta ata que a alerta pase.
  • A pé: ante todo afastarse de ríos, torrentes e zonas baixas, e evitar árbores, aramados e obxectos metálicos. Se é posible, refuxiarse nun edificio e dirixirse sempre ás zonas máis elevadas para esperar o noso rescate.

80 millóns de euros polas inundacións de outubro

Unha inundación trátase dun risco extraordinario excluído do seguro, polo que se fai cargo o Consorcio, sempre e cando exista, previamente, unha póliza contratada correctamente. Este Organismo infórmanos que as inundacións acontecidas nas Illas Baleares, Málaga e Cataluña en outubro poden xerar 16.600 solicitudes de indemnización que sumarán 80 millóns de euros aos asegurados que sufriron danos nas súas persoas ou nos seus bens: vivendas, vehículos, comercios, oficinas e industrias.

A boa noticia é que xa empezaron a recibirse os pagamentos amortecendo así os danos ocasionados.

Nas nosas oficinas, sempre, as persoas damnificadas encontrarán as portas abertas para axudarlles a xestionar todo ante o Consorcio, de forma que se poidan resolver o antes posible as oportunas indemnizacións.