Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

A regra do 3 no teu seguro do fogar

Son 3 as variables que debes considerar no teu seguro do fogar: continente, contido e riscos.

O continente fai referencia a todos os elementos construtivos da casa: paredes, teito, anexos… A súa valoración tamén está suxeita á regra do 3: a situación xeográfica, a calidade da obra e o estado de conservación.

O contido, agrupa todos os bens dos habitantes da vivenda: mobles, electrodomésticos, xoias… O seu valor adoita estimarse arredor dun terzo do continente, outra vez a regra do 3.

Os riscos. Debes ter coidado con non caer nos vicios do sobreseguro (aseguras un capital maior ao valor) e do infraseguro (xusto o contrario). Se se produce un sinistro, só recibirás o valor de mercado (no primeiro caso) ou a parte proporcional correspondente do asegurado (no segundo).

Antes de renovar a túa póliza, podemos asesorarte, analizando ademais que parte da túa casa cobre o seguro da Comunidade e cal é a situación da túa hipoteca. Lembra que non é obrigatorio contratar a póliza co banco.