Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Ata que a morte nos separe, ou non?

Había unha parella que levaba saíndo 7 anos. Un bo día, decidiron casar e comezaron a planificar a voda. Primeiro a data, despois o restaurante, a cerimonia, os convidados, os traxes, as invitacións, a orquestra, o menú, as arras, as flores, a viaxe…

Total, nada máis e nada menos que 15.000 euros máis os imprevistos que puidesen xurdir. Moito diñeiro, pero era un día tan especial, onde iamos gozar todos tanto. Ademais, os dous tiñan un traballo estable e diñeiro aforrado no banco.

As familias apoiaron e colaboraron na preparación do esperado evento, pero a noiva, moi práctica ela, leu un artigo en internet que dicía algo sobre os Seguros de Vodas.

  • Vaia! E se pasa algo á última hora?
  • Que pode pasar?
  • Non sei. Imaxina que contratamos o cátering e este non cumpre, ou chove e hai que suspender a orquestra que está organizada ao aire libre

O noivo abriu os contactos do seu teléfono móbil e buscou: “O MEU CORREDOR DE SEGUROS”. E si, si existían estes seguros, que son os chamados Seguros de Cancelación de Eventos, onde a cobertura principal é a cancelación. É dicir, que che devolven o diñeiro cando o evento queda cancelado por motivos alleos á vontade dos noivos.

Un seguro de Cancelación de Eventos tamén ten outras moitas garantías que che aseguran que non perderás o teu diñeiro, polo menos recuperas “a parte grosa do gasto”.

De calquera forma, foron felices… Tiveron 2 xemelgos e compraron unha casa para a que contrataron un Seguro de Fogar… pero isto xa é outra historia que che contaremos outro día.