Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

E a xente quedou na casa…

“E a xente quedou na casa. E lían libros, e escoitaban, e descansaban, e facían exercicio, e creaban arte, e xogaban a xogos, e aprendían novas formas de ser, e escoitaron máis profundamente. Había quen meditaba, quen rezaba, quen bailaba… Algúns encontráronse coas súas sombras. E a xente comezou a pensar de xeito diferente.

E a xente curouse. E, en ausencia de xente que vivise de forma ignorante, perigosa, sen sentido e sen corazón, a terra empezou a sandar.

E cando o perigo pasou, e a xente se uniu de novo, lamentaron as súas perdas, e tomaron novas decisións, e soñaron con novas imaxes, e crearon novas formas de vivir, e sandaron a terra por completo, tal e como foran sandados.”

#QuedaNaCasa, #EntreTodosVenceremos, #TodoVaiSaírBen

(Kitty O’Meara, En tempos de pandemia. “Traballei como mestra e como provedora de atención espiritual en hospitais e hospicios”)