Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Escoite… Podo cobrar 2 seguros de Vida?

O valor da vida é incalculable e, por iso, as aseguradoras permiten contratar todos os seguros de Vida que queiras (e poidas pagar), polo capital que desexes e, aos teus beneficiarios, cobralos.

Pero creo que non se pode cobrar un mesmo sinistro 2 veces

É certo para os bens materiais, pero non para as persoas. Podes contratar 2 seguros de Fogar para a túa casa, pero só cobrarás un deles en caso de sinistro. A Lei vela para que unha persoa “non se poida enriquecer de forma inxusta a través do seguro”.

Non obstante, unha vida é moi valiosa e só nós decidimos canto diñeiro recibirá a nosa familia.

Varios seguros de Vida para varios beneficiarios diferentes?

Claro. Cada seguro pode alcanzar tantos beneficiarios como queiras. Unha mesma persoa tamén pode percibir varios seguros.

Teño un seguro de Vida que cobre a hipoteca, interésame contratar outro?

O seguro de Vida vinculado á hipoteca ten como beneficiario o banco, polo que en caso de falecemento eles percibirán a indemnización ata cubrir a débeda. O ideal é que se vaia reducindo o capital dese seguro a medida que o teu préstamo se vai liquidando e ter outro independente para cubrir as necesidades dos teus seres queridos. Para eles recomendamos subscribir outra póliza que os teus familiares cobrarían integramente.

O Seguro de Vida forma parte da herdanza?

Non, porque nunca foi patrimonio da persoa que faleceu. Cando se contrata pódese designar como persoa beneficiaria a quen se queira, con independencia de que sexa familia ou non; polo tanto, o cobramento da indemnización farase por contrato e non por orde sucesoria, como acontece nunha herdanza. Se non hai persoas designadas como beneficiarias, recibirán a indemnización aquelas designadas legalmente como herdeiras (cónxuxe, descendentes e ascendentes en primeiro grao).

A indemnización dun Seguro de Vida tributará polo Imposto de Sucesións e Doazóns, de xestión autonómica.