Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Intoxicados por hipocondría dixital

Incrible pero certo, 7 de cada 10 españois sofren hipocondría dixital, a cifra creceu un 23% entre 2018 e 2019. O grave é que, cada vez, somos máis (un 30%) os que cremos a información sobre enfermidades en Internet. Curiosamente o dato coincide coas persoas automedicadas.

Hai tempo que médicos e pacientes están avisando sobre a falsidade de moitas informacións que circulan pola rede ocultando intereses comerciais. Para evitalo, utiliza sempre fontes oficiais, fiables e neutras.

Se escribes en Google “cura do cancro”, as primeiras buscas suxírenche solucións de medicina alternativa. Google tamén di que a auga non potable transmite paz e enerxía cando a verdade é que propaga enfermidades. E difunde outros resultados de buscas sobre a alopecia, a pediatría ou as vacinas que xeran confusión, ademais de non ser verídico gran parte do contido que se publica.

Consellos anticontos

– Internet orienta, non diagnostica. Ten prudencia coas túas lecturas sobre saúde e produtos milagre.

– Os medicamentos con receita non se venden en liña. Está prohibido!

– Enganos non! Coidado con facilitar datos persoais e realiza compras seguras en webs con cadeado no dominio.