Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

A mirada, o espello da vida… tamén conducindo

“Se logrei ver máis lonxe, foi porque subín a ombros de xigantes”. (Bernardo de Chartres)

Na vida é importante planificar a longo prazo, pero conducindo un coche ou moto, tamén. A mirada marca a diferenza entre un bo e un mal condutor. Os espellos retrovisores, e, actualmente, os navegadores GPS, permiten unha visión 360° que nos fan circular máis seguros.

Cara a onde hai que mirar?

Lonxe, para anticiparte e saber que acontece por diante.

Esquerda, dereita e atrás, para saber se alguén se aproxima ou nos adianta.

Con mirada periférica, por se aparece algún peón, un autobús ou outro vehículo.

E nas curvas, estudando o seu raio e buscando a saída.

Extrapola estes principios da condución á túa vida e comprobarás que tamén funcionan.