Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

“O barato sae caro”

“Quen pensa que custa caro un profesional non sabe o caro que custa un incompetente”.

É certo, hai voos low cost e os avións non caen. Hai viaxes para fins de semana low cost e non se afunden os hoteis. Hai roupa low cost e non rompe. Todo é barato menos a túa seguridade, que nos merece moito respecto.

Hai aseguradoras low cost con pólizas que custan a metade que as tradicionais. Sabes como o fan? Recortando garantías. Adoitan contratarse por Internet, sen oficinas nin persoas de carne e óso que valoren as túas circunstancias persoais nin as túas necesidades. Ti autoxestionas todo.

Cal é o truco? Cando sofres un sinistro, buscas unha persoa profesional que saiba como actuar, a quen recorrer, que pedir e como solicitar. Queres chamar a un teléfono e que che resolvan absolutamente todo, quedar pendente de recibir unha chamada coa solución.

Non se trata de contratar só un seguro de forma “tradicional”, as novas tecnoloxías tamén chegan ás “corredurías” de seguros. Trátase de ter en fronte a unha persoa profesional, alguén que che coñece, que valora todos os aspectos necesarios, non só a prima, senón garantías, coberturas, límites, capitais, excepcións… todos os puntos que nin sequera sabemos que existen.

“Os seguros low cost son unha merda!”

Así o cre Salvador Guerrero de Carrocerías Vantage de Calahorra. Afirma que estas aseguradoras “obrígannos a usar pezas usadas ou de baixa calidade” e “rinse dos seus clientes que non teñen nin idea dos materiais nin da maneira en que están reparando os seus coches”.

De feito, as compañías low cost son as máis denunciadas polos seus clientes. Ti elixes, elixe ben.