Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

POR FIN! Toda a verdade dos seguros e o Coronavirus

“A todas as persoas que quedades na casa, ás que nos protexedes, nos coidades e nos curades, a todas as que facedes posible que non nos falte de nada… GRAZAS! Conseguiremos vencer ao COVID-19”.

Atravesamos días confusos con moitísima información, unha parte é veraz e fiable, pero tamén nos encontramos con fakenews e contos. Confía só en fontes oficiais. A Asociación de Empresarios do Seguro (UNESPA) confírmanos que os seguros “están prestando servizo” e explícanos como actúa en cada caso.

Si, o seguro de Saúde cóbrete

Todos os asegurados teñen garantida a asistencia sanitaria nos seus centros privados “obedecendo en todo momento aos protocolos que marcan as autoridades sanitarias”.

 Os seguros de Vida cumpren

As aseguradoras están pagando as indemnizacións aos beneficiarios “polos casos de falecidos por coronavirus”.

 #StopBulos

Os seguros de Fogar, Decesos, Automóbil… protéxente con normalidade durante o Estado de Alarma. Se tes un golpe co coche está cuberta a túa Responsabilidade Civil ou Todo Risco.

ciberestafas@guardiacivil.org

É ao correo da Garda Civil ao que debes enviar información de “vendas fraudulentas e posibles estafas que utilizan o COVID-19 como gancho”. Hai webs que ofrecen falsos diagnósticos ou vendas de máscaras para roubar datos persoais. Non abras documentos con arquivos adxuntos do COVID-19, non instales aplicacións non oficiais e recea de solicitudes de datos de saúde por Internet (as administracións sanitarias non utilizan este procedemento).