Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Por que coñecer ben as exclusións do seguro

As exclusións están destacadas en grosa para defenderte como cliente. Son cláusulas que explican qué non cobre o teu seguro e debes coñecelas para evitar malentendidos.

Un exemplo… Es esquiador e sofres un accidente fóra da pista. Unha cláusula indica que só recibirás indemnización se acontece dentro das áreas habilitadas para o esquí. Tes que sabelo.

Outro exemplo… Baixas as escaleiras da túa comunidade de veciños en bicicleta e rompes unha perna. A póliza só se fai cargo dos accidentes cando as escaleiras se baixan andando. Tamén debes sabelo.

E quen cho pode explicar e aclarar? N@s, @s profesionais do seguro.