Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Protección en época de pandemias

Os seguros sempre están aí cando os necesitas, e é que unha aseguradora está obrigada a responder cando se necesita, salvo as exclusións establecidas no contrato do seguro, pero iso xa o sabes, nós explicámoscho.

É por iso polo que é moi importante destinar unha pequena parte dos nosos aforros, ou mesmo dentro do presuposto de gasto, á túa tranquilidade, contratando os seguros que máis se necesitan para o día a día, un choque nun “stop” ou unha ventá rota por un balón. Para unha posible circunstancia extraordinaria, unha sobrevida incapacidade ou un incendio no teu fogar. E para un inevitable feito futuro, como a morte. En definitiva, estes seguros véñennos ben:

Seguros de Saúde

Garánteche a asistencia sanitaria, tamén fronte ao coronavirus, a pesar de que algunhas pólizas exclúen epidemias e pandemias, as aseguradoras ofreceron a asistencia sanitaria aos/ás seus/súas asegurados/as. De feito, abríronse novas liñas de atención virtual, cando as circunstancias das consultas o permiten. Hai que lembrar sempre as preexistencias e os períodos de carencia para este tipo de seguros.

Seguros de Coche

A pesar do estado de alarma e a pesar de todas as noticias falsas que encontramos, confirmámosche que si, que o teu coche está cuberto polo teu seguro. Polo que, ante calquera incidente ou accidente nos teus desprazamentos, o teu seguro farase cargo.

Seguros de Fogar

A maioría das aseguradoras previron novos protocolos de actuación, para non deixar de dar cobertura en ningún momento, ofrecendo así servizos de teleasistencia.

Seguros de Vida

As aseguradoras están indemnizando os beneficiarios dos falecidos por Covid19. Aínda que é moi importante comprobar todas as cláusulas do contrato e revisar as exclusións en caso de pandemia.

Seguros de Decesos

En calquera caso, este seguro actúa con total normalidade, as aseguradoras manteñen os seus protocolos de actuación.

Encóntranos por teléfono e resolveremos as túas dúbidas, agora, en época de confinamento, seguimos aí para o que necesites.