Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Que non pare a música. E se non soa?

U2 actuou en Madrid o pasado mes de setembro. Estes espectáculos manexan orzamentos siderais. Hai anos, a xira do grupo custaba 3 millóns de euros semanais tanto se actuaban coma se non. Con Bono viaxan 69 camións, 200 persoas fixas, outras 30 do equipo local e 50 máis de seguridade.

Que pasa se o U2eiTour se cancela por problemas coa voz, enfermidade, mal tempo…? Un médico independente deberá certificar a enfermidade. O Seguro de Eventos asumirá os gastos pactados. Quedarán fóra de cobertura os abusos de drogas ou alcohol.

Os Seguros de Eventos tamén cobren outros riscos como a Responsabilidade Civil polos danos que puidesen sufrir tanto o público coma o persoal que traballe no evento. Tamén estarán protexidos os transportes, o edificio onde se realiza o concerto ou a perda de beneficios do promotor.

Coidado! Cando o concerto é moito máis pequeno e se celebra na túa vila, tamén hai que aseguralo.