Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Roubáronme no garaxe e no rocho, que fago?

O teu coche vive no garaxe e os teus trastes no rocho. A túa casa está coidada polo seguro de Fogar, pero o garaxe e o rocho, quen os protexe? Deberían estar incluídos na póliza de Fogar e, tamén, no da Comunidade.

Se rouban, presenta unha denuncia na comisaría. É mellor que te acompañe o administrador ou presidente da comunidade, como responsable do edificio. Fai fotos e, se é posible, entrega facturas ou tíckets de compra. Aos ladróns gústanlles moito as bicicletas (non estaría de máis aseguralas).

O lóxico é que o seguro de Comunidade pague os danos da porta e o de Fogar asuma o contido.

Non gardes obxectos de valor no rocho, como xoias (hai limitación nas indemnizacións).

Atent@! Para que che pague o seguro de Fogar, tanto o rocho coma o garaxe deberán estar situados no mesmo edificio onde resides.