Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

“SÁLVAME”, toda a verdade sobre seguros de non pagamento por alugueiro

As empresas contratan seguros de non pagamento para garantir o cobramento dos produtos que venden.

As persoas que teñen en propiedade inmobles co obxectivo de alugalos tamén desexan obter unha rendibilidade anual. E, polo tanto, necesitan garantir o cobramento das súas rendas e recuperar o seu piso en bo estado ao finalizar o contrato de alugueiro.

“Win to win”

“Gañas ti e gaño eu”. Dá igual que sexas parte arrendadora ou parte arrendataria. Este tipo de seguros pódennos beneficiar a ambos os dous.

Ademais, o seguro de non pagamento de alugueiro indemniza ao dono do inmoble polos actos vandálicos que cometan os seus inquilinos. E pode prestar Defensa e Asesoría Xurídica por se houbese que acudir aos Tribunais. Por outro lado, co seguro de alugueiro, pódense garantir os bens das persoas que habitan a vivenda.

Paga a pena!