Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

“Se o tempo non acompaña, podes acabar arruinado”

“Na vendima a xornada é continua, de sol a sol, e no inverno é máis relaxado de horas, pero hai que podar con frío ou con chuvia. Por desgraza, cada vez son máis frecuentes os desgustos do campo, pois dependemos do clima cada vez máis cambiante.”

Tormentas de sarabia, chuvias de 35 litros por metro cadrado en media hora, pragas como a mera ou a filoxera… Son inclemencias que asolaron o campo durante este verán. A natureza coñece trucos abondos para “arruinar antes e mellor o viticultor”. Afortunadamente existen solucións para evitalo.

Os seguros dos viñedos son a única opción que che permite garantir os ingresos que percibirías da túa colleita. Non obstante, a metade das persoas que se dedican á agricultura en España aínda non os contratan.

Vantaxes

Cobren as producións preservándoas dos danos que poidan producirse: xeadas, sarabia, seca, riscos excepcionais (incendio, chuvia torrencial…), pragas…

Protexen as plantacións da posible morte da cepa ou das perdas de colleita dun ano para outro.

E pagan indemnizacións polos danos ocasionados nas instalacións. Inclúense os elementos de rega (cabezais, rede de regadío) e sistemas de condución das vides (espaleiras)…

O mellor, é que se pode asegurar calquera explotación. España dispón dun dos sistemas de seguros agrarios máis eficiente do mundo. Permite manter as rendas dos agricultores e garante a seguridade da explotación.

“Madrugo bastante para, cando saia o sol, ter todo preparado para vendimar. E adoito chegar á casa xusto para descansar. O campo non entende de horas”.

Non deixes os teus ingresos nas mans do ceo…