Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

“The Show Must Go On”

1 de cada 4 persoas acudiremos a un concerto este verán. Pode estragar a festa un imprevisto que che impida asistir (unha hospitalización, un falecemento…). Perderías o diñeiro? Depende en que web compraches as entradas e se utilizaches tarxeta de crédito. En ocasións, nos dous casos permiten o reembolso.

Outras veces é o artista quen non se presenta. Aconteceu con Madonna, Elton John, Depeche Mode, Miguel Bosé, Avril Lavigne… Nesas circunstancias posponse o evento ou, directamente, devólvenche o diñeiro. Pero se se cancela por chuvia? Tamén aconteceu, ás veces a data do evento postérgase, outras devólvenche o diñeiro da entrada.