Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Un seguro por amor

“O amor dáche satisfacción, alegría e unha felicidade que non se pode comprar. Pero sen diñeiro, terás graves problemas”.

E por que non conxugamos ambos os dous conceptos? A vida é unha experiencia que atravesamos viaxando dentro dun corpo humano. Un vehículo que a idade vai deteriorando, que se acaba avariando e rompendo. A nosa sociedade non fala das dificultades que provoca unha ausencia, pero supoñen un custo familiar elevado.

O día que faltes, as persoas que dependen de ti sufrirán un cambio brusco emocional, pero tamén económico. Pasarán o dó e afrontarán a nova situación. Onde vivirá a túa familia, a que universidade irán os teus fill@s, en que situación financeira quedará o teu cónxuxe ou ti mesm@ se quedas incapacitad@?

Cando un pai ou unha nai nos abandonan, empezan os problemas económicos. En España, o seguro de Vida resolve cada ano o futuro de 25.000 familias (UNESPA). Contratalo é un acto de xenerosidade cara ás persoas que che importan e que só eles poderán gozar.

Aínda queres deixar o futuro da túa familia nas mans do azar?