Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Vas de finde?

O día 9 de marzo brillará a lúa chea. Na India coincide co Holi, o festival das cores. Esa noite reúnense ao redor dunha cacharela para celebrar a vitoria do ben sobre o mal. Cando amenza, todas as persoas que asistan lanzaranse pos de cores: o vermello representa o amor e a fertilidade; o verde, a primavera e os novos comezos.

Sae o sol, e xeralmente, gústanos gozar do bo tempo, polo que aproveitamos as fins de semana para facer escapadas. O que non nos gusta, é un imprevisto que nos amargue o plan. Contámosche como podes protexerte.

Viaxas con coche de alugueiro

Utiliza o seguro de Alugueiro para Coches, autocaravanas, quads, barcos, motos de auga, avionetas… Asegúrate de que a empresa coa que contratas o alugueiro do vehículo dispón debidamente do seguro.

Viaxe con todo incluído

O seguro de Asistencia en Viaxe acompañarate durante o traxecto en todo o que fagas. Comproba que inclúe roubo e danos de equipaxe, anulacións, atrasos, busca e repatriación, responsabilidade civil, defensa xurídica, indemnización por accidente…

A túa saúde impórtanos

Nin se che ocorra saír de viaxe sen póliza de Saúde. Ir ao médico podería converterse nunha tortura porque non saberás cal escoller. E un hospital cobra ata 6.000 euros por noite segundo o país.

Pois vou ao concerto da miña cidade

Nese caso, recomendámosche que, xunto á entrada, contrates un seguro de Cancelación. Así, se non podes acudir, recuperarás o teu diñeiro.

Goza das túas fins de semana!