Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

“Ao mal tempo, boa cara.” O Consorcio cobre 3.800 sinistros, dende xaneiro, con 34 millóns por inundacións.

Só transcorreu un mes e algúns días de febreiro de 2015. Para estas datas, o Consorcio de Compensación de Seguros desprazou os seus peritos ás zonas afectadas por inundacións en España. Nunha primeira estimación de urxencia, o total de sinistros ascende a 3.800 e o custo previsto suma 34 millóns de euros.

A chuvia, as neves e o forte vento produciron graves consecuencias en gran parte de España, como en Burgos, Cantabria, Bizkaia, Navarra, A Rioxa, Aragón e Galicia.

Para protexer situacións excepcionais coma esta, creouse o Consorcio de Compensación de Seguro que xestiona e indemniza os bens asegurados, polo que, para cobrar do Consorcio, é necesario ter contratado un seguro; se non o tes, non hai indemnización.

Un exemplo: en 2012 tramitou 584.000 expedientes por valor de 2.226 millóns de euros.

E nestas situacións, somos os corredores de seguros os que tramitamos os sinistros “man a man” co Consorcio de forma inmediata. “Asesorar, acompañar e defender o cliente antes, durante e despois da compra do seu seguro, permanecendo ao seu lado” porque defendemos os teus intereses.

Por fortuna, practicamente, todas as eventualidades quedan cubertas pola “industria aseguradora”. Pois canto lle custaría a España non ter seguros? Unhas 14 veces o seu PIB.