Dicimos “ano novo, vida nova” e propoñémonos obxectivos para mellorar o físico, as finanzas, as atencións familiares…
Segundo UNESPA, gastamos unha media de 1.721 € en bares, 1.049 € en tabaco e 440 € en xogo. Cando nos preguntan polo elixir da felicidade, falamos da saúde física, mental e das relacións sociais (Enquisa da Universidade London School of Economics de Londres realizada a 20.000 persoas de todo o mundo).
Recomendámosche empezar o ano rompendo cos malos hábitos e “coidándote moito”; alimentándote de forma saudable, practicando algún deporte, mesmo deixando de fumar, moitos Seguros de Saúde tamén inclúen programas que che axudan a iso.
Radiografía do Seguro de Saúde
Sabes que o Seguro de Saúde é un dos que máis está crecendo en España e que xa conta con 11,5 millóns de persoas aseguradas?
De entrada, pensamos que non será necesario un Seguro de Saúde, pero cando tes un accidente e a túa perna rompe por sete sitios diferentes igual si che resultaría moi beneficioso ter a posibilidade de operarte de urxencia co mellor cadro médico especialista, e comezar canto antes a rehabilitación. Ao igual que cando quedas embarazada e estás preocupada por saber se todo vai ben, algunha ecografía extra non vén nada mal… ou cando por culpa dun traballo duro e prolongado no tempo tes problemas coas túas costas e resulta que tes que pagar cada sesión de fisioterapia que che axuda a manterte de pé.
Ben, pois debes saber que os Seguros de Saúde ofrecen dúas coberturas esenciais: acceso á atención primaria (medicina xeral, pediatría, enfermería, urxencias domiciliarias e ambulatorias) e asistencia do especialista na consulta, en réxime hospitalario e en procedementos diagnósticos, terapéuticos, e en intervencións cirúrxicas. Os máis completos permítenche elixir o cadro médico ou o hospital que necesites en cada ocasión. E ademais podes contratar garantías complementarias como un segundo diagnóstico en EE. UU., mantemento do sangue ou do tecido do cordón umbilical…
Oxalá nunca o chegues a necesitar, pero e se si?
Que teñas un bo comezo de ano!