Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

“Coa auga ao pescozo”

É domingo, son as 9 da mañá e vou no coche. Na radio fala un agricultor navarro. O río entrou nas súas 10 hectáreas de cereais. Tamén cultiva peras con denominación de orixe que teñen un metro e medio de auga. Aínda que quede limpa na próxima semana, non hai tempo suficiente para aplicar os tratamentos que salvarán a súa colleita.

Despois escoito un gandeiro que chama ao locutor de radio. Morreron os 2.000 porcos que criaba na súa granxa. Ten que evacuar o resto para evitar infeccións. Ambos os dous expresan a súa desesperación e a súa incerteza sobre o futuro. Non saben cando lles dará unha tregua a climatoloxía.

Pero… foron previsores e están asegurados.

Os danos

O primeiro trimestre deste ano, o Consorcio de Compensación de Seguros xestionou máis 8.000 solicitudes de indemnización cun custo aproximado de 60 millóns de euros. Algunhas das zonas máis afectadas son Cantabria, Burgos, Bizkaia, Guipúzkoa, Navarra e Zaragoza. Os danos son consecuencia dos desbordamentos do río Ebro cos seus afluentes e outros ríos do norte de España.

Tamén as provincias de Castelló e Valencia se viron afectadas por fortes inundacións a finais de marzo, ascendendo, ata o momento, a 568 solicitudes de indemnización cun custo de 4,3 millóns de euros, aproximadamente. A auga anegou vivendas, oficinas, comercios, almacéns, industrias e vehículos.

Quen paga isto?

Para sufragar os danos causados por inundacións, terremotos, maremotos e outros fenómenos naturais creouse unha entidade pública: o Consorcio de Compensación de Seguros. O Consorcio protexe os teus bens neste tipo de sinistros cando tes vixente o teu seguro.

Fíxate ben, no teu seguro aparece unha pequena taxa para o Consorcio. Con ese diñeiro “extra” cóbrense todas as indemnizacións causadas por este tipo de sinistros, onde a principal dificultade é atender a todos á vez posto que os acontecementos suceden todos ao mesmo tempo. Tamén nestas situacións estamos para encher a solicitude de sinistro e xunto co Consorcio tramitar o antes posible os informes de valoración.