Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Da man: Prezo e Cobertura

En época de crise todos intentamos minimizar gastos, non obstante hai situacións nas que supón un erro recortar. Un restaurante pode reducir custos na marca da botella de auga, pero non pode facelo apagando as luces e, moito menos, aforrar en calefacción ou aire acondicionado. É unha parvada desconectar a cafeteira e acendela só se che piden un café porque consome moito. A psicose de recortar fainos cometer erros irreversibles, como no caso dos seguros cando declaramos menos valor do que corresponde. Isto chámase: infraseguro.

Que perigoso engadir máis riscos! E o peor… crer que tes todo en orde. Porque se ademais dos riscos naturais que existen, prescindes dun seguro en condicións, o único que consegues é empeorar o posible panorama en caso de sinistro.

Un infraseguro, para definilo ben, supón que contratas unha póliza e lle outorgas ao ben garantido un valor inferior ao que realmente ten. En efecto, “aparentemente” aforras un pouco diñeiro ao contratar, pero déixate no aire se algo chega a acontecer.

Para explicalo mellor, vouche poñer un exemplo: os teus mobles e efectos persoais teñen un valor de 60.000 euros, pero asegúralos unicamente por 30.000 e acontece un accidente. Vante indemnizar na proporción que aseguraches, é dicir un 50%. Pero o teu erro é crer que estás cuberto ata 30.000 euros e non é así, porque en caso de sinistro indemnizarante aplicando a mesma regra proporcional.

En seguros ti non compras unha póliza, compras unha cobertura e para iso tes que saber que non facelo correctamente ten graves implicacións.